O alcalde de Palas impide á secretaria expedientada reincorporarse ao seu posto

O alcalde de Palas de Rei, o popular Pablo Taboada Camoira, impediu onte á secretaria municipal, Celia González Vázquez, contra a que hai aberto un expediente disciplinario, reincorporarse ao seu posto de traballo.

Celia González presentouse pola mañá na casa consistorial palense coa intención de reincorporarse ás súas tarefas como secretaria xeral do Concello, un cargo do que fora separada en marzo do ano pasado por unha suposta falta de respecto e incompetencia profesional.

ANTECEDENTES
Un tira e afrouxa que dura xa dous anos

O conflito entre a secretaria e o equipo de goberno do Concello de Palas de Rei é un tira e afrouxa que se prolonga desde hai dous anos. Antes de que o executivo palense decidise abrir o expediente disciplinario contra a funcionaria, en plena campaña das últimas eleccións municipais, saíu á luz pública que Celia González Vázquez presentara unha querela contra o anterior alcalde e actual tenente da alcaldía, Fernando Pensado, e catro funcionarios por acoso laboral, falsidade en documento oficial, falsificación de certificados, fraude na obtención e execución de subvencións, prevaricación e inxurias. 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios