O alcalde de Monforte di que os Orzamentos son ''insultantes''

O alcalde de Monforte, o nacionalista Severino Rodríguez Díaz, tardou 15 días en facer balance dos Orzamentos Xerais do Estado para o 2015, pero onte pronunciouse sobre eles cualificándoos de excluíntes, "discriminatorios, vergoñentos, marxinadores e insultantes" para os veciños que residen nas comarcas de Lemos, Quiroga e Chantada.

Rodríguez asegurou que nunca uns Orzamentos do Estado, incluídos os confeccionados por anteriores gobernos do PP, "se esqueceron" de Monforte e da Ribeira Sacra "ata o punto de non consignar practicamente nin un só euro a algunha das actuacións pendentes".

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios