O alcalde de Monforte anuncia que deixará de pagar a Sogama en marzo se sobe o canon

O alcalde de Monforte, o nacionalista Severino Rodríguez, anunciou que o Concello deixará de pagar a Sogama pola xestión de residuos urbanos a partir de marzo se se fai efectiva a subida do canon, do 33,5%.

Rodríguez, que lidera a rebelión de case un centenar de municipios galegos contra este incremento, dixo que a decisión ten que ver cun incumprimento de contrato por parte de Sogama, xa que ata o 2015, dixo, estaba estipulado un prezo que se actualizaba anualmente co IPC e non se contemplaban subidas acordadas por só unha das partes, en referencia a Sogama.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios