O alcalde de Mondoñedo demanda o arranxo de ''toda'' a LU-124

La carretera LU-124, unos días antes de que se abriera al tráfico la autovía (Foto: JOSÉ Mª ÁLVEZ)
photo_camera La carretera LU-124, unos días antes de que se abriera al tráfico la autovía (Foto: JOSÉ Mª ÁLVEZ)

O alcalde de Mondoñedo, Orlando González, reclamou este xoves á Xunta o arranxo de "" toda a estrada LU-124, que dá acceso aos últimos tramos inaugurados recentemente da autovía do Cantábrico (A-8).

De feito, xa participou nunha protesta o día que a ministra de Fomento, Ana Pastor, o día que se abrían eses tramos e entregou unha carta ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, con esa petición en nome de todos os alcaldes da zona (A Pontenova, Pastoriza, Riotorto e Mondoñedo).

Agora, criticou a resposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, na que se compromete a acometer "arranxos de Lindín a Mondoñedo, sen nada máis, neste exercicio", o rexedor mindoniense.

"Iso a min non me di nada. Antes ían acometer as obras desde A Pontenova a Lindín e agora de Lindín a Mondoñedo, o que me parece correcto, pero non é un arranxo. Interésanos toda a estrada", subliñou. Ademais, tras admitir que Fomento fixo unha parte, de cinco quilómetros, dixo que non basta porque "hai que corrixir curvas, hai que arranxar o firme e ensanchar toda a estrada".

Comentarios