O ADN confirma a hipótese do tirador único de París

As análises de ADN demostraron que os ataques dos últimos días en París a dous medios de comunicación e un banco son obra dunha soa persoa. O home segue en paradoiro descoñecido -segundo se baralla- nos arredores da capital, confirmou hoxe a fiscalía de Nanterre.

Os investigadores cotexaron os restos de ADN atopados nos casquillos do calibre 12 utilizados polo pistoleiro na sede do diario Libération, onde feriu de gravidade a un fotógrafo, e tamén nos achados na sede do banco Societé Générale e no coche do home que secuestrou para fuxir dun dos escenarios.

Aínda que as análises demostran que os ataques se corresponde cun só autor, "non se puido  identificar o tirador no ficheiro nacional de pegadas xenéticas", segundo precisa o procurador de Nanterre, Robert Gelli.

A policía recibiu preto de 700 testemuños e difundiu fotos do presunto delincuente. As autoridades buscan un home branco de entre 35 e 45 anos, cunha estatura de 1.70-1.80 metros e pelo curto.

Comentarios