O 40% de toda a administración local ten superávit orzamentario

Ata 3.500 concellos, o 40 por cento do total, teñen superávit orzamentario, polo que a Comisión Nacional de Administración Local (CNAL) deu onte o visto e prace para que poidan destinalo a investimentos nos seus municipios e non a reducir débeda, como marca a lei.

En rolda de prensa, tanto o secretario de Estado de Administracións Públicas, Antonio Beteta, como o presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Íñigo de la Serna, valoraron que os concellos pechen o ano cun déficit que é "a metade" do compromiso adquirido ante o Goberno: un 0,15 fronte a un 0,30 por cento. Neste marco, Beteta avanzou que a débeda dos concellos, a 31 de decembro de 2012, reduciuse en 2.200 millóns de euros o que, ao seu xuízo, é "coherente" cunha redución do déficit ao 0,15 por cento.

Para poder aplicar o superávit á xeración de actividade económica e á creación de emprego, a CNAL aprobou que se modifique "de forma puntual" a lei orgánica de Estabilidade Orzamentaria, o que permitirá os concellos comezar a executar os seus remanente positivos a partir do mes de xuño.

A "forma e o modo" do investimento concretarase a través de reunións bilaterais entre o Goberno e a FEMP, avanzou Beteta. Ademais, a CNAL acordou "pór" fin á falta de pagamento da débeda que as comunidades autónomas teñen coas entidades locais e que se estima ao redor dos 1.700 millóns de euros. Para iso, o Goberno decidiu que no Fondo de Liquidez Autonómico (FLA) de 2013 este asunto teña prioridade "para que se pague aos concellos con rapidez".

De la Serna explicou que o Executivo tamén se comprometeu a pór en marcha o novo Plan de Pago de Provedores no que se esixirá o cumprimento do pago en 30 días (hoxe a marxe sitúase entre 130 e 180 días), o que representa un importante aumento no nivel de esixencia.

De la Serna valorou que o novo Plan de Pago "esixirá" ás comunidades autónomas "que paguen aos concellos", de modo que as que non o fagan a través do FLA terano que facer por medio do novo Plan e para iso o Goberno e a FEMP crearán unha comisión conxunta que aborde o "período de transición". De la Serna remarcou que con estas medidas dáse cumprimento a unha reivindicación de ''xustiza", que permitirá que os concellos teñan "as súas propias obrigacións económicas".

Outra cuestión que se levou ao seo da Comisión é a aplicación de medidas "excepcionais" para entidades con especiais "problemas financeiros". De la Serna non puido cifrar o número destes municipios con problemas, aínda que dixo que "non son moitos para o conxunto do país".

Ademais, a CNAL acordou elaborar un grupo de traballo para elaborar o teito de gasto e dar solucións a temas de carácter tributario, como a sentenza que non permitía cobrar aos operadores de telefonía móbil as taxas que viñan cobrando desde os concellos. A próxima CNAL, que se convocará este mes, abordará o anteproxecto de local e as alegacións presentadas.

Comentarios