Educación destina un total de 676.000 euros ás obras de mellora do IES Río Cabe

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad, visitou as obras de mellora do IES Río Cabe, situado no municipio lucense de Monforte de Lemos, ás que a Xunta destina un total de 676.000 para que a comunidade educativa do centro "poida comezar" o novo curso nunhas instalacións "de maior calidade".

Entre as actuacións levadas a cabo no IES Río Cabe, o conselleiro destacou a reforma da instalación eléctrica, a renovación dos aseos e o acondicionamento dos falsos teitos das aulas do centro.

Por outra banda, o titular de Educación do departamento autonómico, tamén visitou en CEIP de Antas de Ulla (Lugo), onde supervisou as obras para a cubrición da pista deportiva e a construción dunha cociña para o servizo de comedor escolar.

Nesta visita, o conselleiro asegurou que as obras, ás que a Xunta destina un total de 315.000 euros, "estarán finalizadas" o próximo día 1 de setembro, para que os alumnos de primaria poidan comezar o curso "con máxima comodidade".

Comentarios