Educación confirma Robótica e outros catro graos para Lugo

El secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro. EP
photo_camera O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro. EP

Nesta refrega tamén interveu este xoves, casualmente, a Consellería de Educación. Durante a súa comparecencia no Parlamento, o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, confirmou que ata 2020 implantaranse no campus lucense Robótica e outros catro graos.

Díez de Castro recordou que así figura no mapa de titulacións acordado pola Consellería de Educación "en consenso" coas tres universidades galegas.

No presente curso xa se puxo en marcha o de Paisaxe e nos próximos están previstos o citado de Robótica e os de Empresa e Tecnoloxía; Xestión Cultural e Bioquímica. A cambio está prevista a saída de tres graos da oferta académica, Xeomática e Topografía; Xestión de Pemes e Ciencias da Cultura pola falta de demanda por parte dos alumnos.

O secretario xeral de Universidades explicou que neste momento estase "nun proceso de consulta co obxecto de preparar a oferta de títulos a verificar e de prazas para o vindeiro curso 2019-20". E aclarou que en todo o proceso de definición da oferta no Sistema Universitario de Galicia as decisións tómanse "de común acordo" coas universidades, que, segundo precisou, son "as únicas que poden presentar memorias de verificación de títulos".

Díez de Castro reafirmou o compromiso da Xunta co campus de Lugo, cun investimento de máis de 10 millóns de euros desde 2010, a maior nas tres universidades. 

Comentarios