''Durante dúas horas fun alcalde de Triacastela''

Saturnino Díaz, no paseo do Malecón de Sarria. (Foto: Porto)
photo_camera Saturnino Díaz, no paseo do Malecón de Sarria. (Foto: Porto)

o próximo un de xuño Saturnino Díaz Palmeiro, quen traballa de veterinario desde hai case medio século, recibirá unha homenaxe en Samos con motivo da súa xubilación. Triacastela, Rábade, Mondoñedo e O Incio foron os seus destinos nestes anos, dos cales leva os últimos 24 en Sarria.

Decidiuse por veterinaria «por vocación» e durante este tempo fixo traballo de campo, pero desde 1994 é inspector e encárgase de visitar establecementos hostaleiros, empresas alimentarias ou colexios da comarca. «Disfrutei moito na clínica, pero tamén como funcionario», comenta o home, quen di que nunca fixo un expediente nin impuxo unha sanción. «Ía facer unha inspección, falaba co dono e despois tiña as cousas ben. Dous inspectores que fixeron o Camiño comentáronme que os mellores negocios eran os da miña zona», sinala orgulloso.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios