Dous menores resultaron feridos en senllos accidentes en Boiro e Sada

Ambos os sucesos tiveron lugar este mércores ao redor das once da mañá

Unha nena resultou ferida ao chocar dous vehículos no punto quilométrico 23 da Autovía do Barbanza, no municipio coruñés de Boiro.

Segundo informou o 112 Galicia, o accidente tivo lugar ás 11.15 horas. Tras recibir a alerta, foron mobilizados os axentes de Tráfico e Protección Civil.  Ademais, informouse o suceso aos Bombeiros da localidade e ao persoal do servizo de mantemento da estrada.

ATROPELO EN SADA. Por outra banda, outro menor resultou ferido ao ser atropelado en Sada. En concreto, o suceso tivo lugar á altura do número 42 da Avenida da Mariña.

Neste caso, o accidente tivo lugar ás 11.40 horas e diso foron informados o 061-Urxencias Sanitarias e a Policía Local. Tamén se avisou aos Bombeiros de Betanzos e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Comentarios