Dous cataláns resultan feridos graves ao saírse da calzada en Begonte

Dous veciños da cidade de Barcelona sufriron este sábado feridas de carácter grave e outros dous leves tras saírse da calzada pola marxe esquerda a furgoneta na que viaxaban, á altura do municipio lucense de Begonte.

Segundo informou a Garda Civil de Tráfico de Lugo, o accidente rexistrouse sobre as 5.15 horas desta madrugada no punto quilométrico 522,8 da A-6 (Madrid-A Coruña), ao seu paso por Begonte.

A furgoneta na que viaxaban os catro feridos, unha Citroen Jumpy, matrícula B9546TF, saíuse da calzada pola marxe esquerda e chocou, posteriormente, coa barreira de seguridade e envorcou.

Os dous feridos de carácter grave, que viaxaban como ocupantes do vehículo, responden as iniciais M.D.S.L, muller de 34 anos de idade, e A.G.R, home de 35 anos de idade.

Pola súa banda, o condutor da furgoneta, que circulaba en dirección A Coruña, M.S.G, home de 57 anos de idade, e a ocupante M.C.L.C, tamén de 57 anos, sufriron feridas de carácter leve.

Comentarios