Dous octoxenarios enceréllanse nunha rifa nun xuízo en Sarria por unha herdanza

Dúas persoas duns oitenta anos de idade encerelláronse na mañá de onte nunha acalorada discusión durante un xuízo celebrado no xulgado de primeira instancia e instrución, situado na Rúa Maior da vila sarriá.

O enfrontamento tivo lugar no transcurso dunha vista oral motivada por unha herdanza e nel viuse implicado un matrimonio, informaron algunhas fontes, segundo as cales a parella incluso chegou a golpearse durante a rifa.

Pola súa banda, un dos avogados que asistiu a unha das partes recoñeceu que os octoxenarios protagonizaron unha disputa, aínda que negou que chegasen ás mans.

Comentarios