Dous menores resultan feridos na A-52 en Monterrei

O accidente tivo lugar á altura do quilómetro 190, en sentido Benavente

Unha saída de vía dun turismo rexistrada na A-52, ao seu paso por Monterrei, deixa dous menores feridos. Como consecuencia do accidente ambos foron trasladados a un centro hospitalario.

O accidente tivo lugar á altura do quilómetro 190, en sentido Benavente. Segundo a información facilitada ao 112, o vehículo accidentado circulaba cun remolque, que quedou invadindo un dos carriis da autovía.

Un particular chamou ao 112 Galicia para alertar dos feitos. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse a Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros de Verín.

Os feitos tamén foron postos en coñecemento da Policía Autonómica, de Protección Civil e da Garda Civil de Tráfico. O vehículo foi retirado da vía sobre as 15,00 horas.

Comentarios