Os ladróns rouban no local Galipizza e causan danos duns 9.000 euros

Dúas persoas coa cara tapada entraron a roubar a pasada madrugada no local Galipizza de Covas, onde esnaquizaron a máquina rexistradora e a máquina comecartos, das que levaron unha importante cantidade de diñeiro. Ademais causaron danos por valor duns 9.000 euros, xa que só a rexistradora, de última xeración, custa uns 8.000.

Comentarios