Dous irmáns, illados dúas horas en Cervantes ao atravesarse o bus escolar

Los dos hermanos accidentados (Foto: Pepe Tejero)
photo_camera Los dos hermanos accidentados (Foto: Pepe Tejero)

Dous irmáns de 14 e 15 anos de Cervantes pasaron onte medo, angustia e nerviosismo ao quedar illados case dúas horas no bus escolar, que embarrancou pola neve no lugar de Sete Carballos, na parroquia cervantina de Freixedo, a case 1.500 metros de altura.

Xoel Sánchez-Arévalo Ramos, de 14 anos, e o seu irmán Aitor, de 15, eran os últimos viaxeiros do transporte escolar da ruta Degrada-Vilar de Mouros, que utilizan seis nenos do CPI de Cervantes. O microbús escolar, un Mercedes de 17 prazas con tracción ás catro rodas, logrou salvar unha curva como un cóbado cunha capa de 25 centímetros de neve, pero na seguinte, quedou atravesado. O feito ocorreu sobre as tres e media da tarde. O condutor e os nenos pediron auxilio polo móbil.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios