Dúas familias de Ourol, illadas tras derrubarse parte dunha estrada

El regidor ourolés, en la zona donde se produjo el hundimiento de la carretera de acceso a Sabucedo. (Foto: Antía)
photo_camera El regidor ourolés, en la zona donde se produjo el hundimiento de la carretera de acceso a Sabucedo. (Foto: Antía)

A última consecuencia da cicloxénesis Gong que aflorou na Mariña lucense ten ao bordo da incomunicación a dúas familias do lugar de Sabucedo, no concello de Ourol, onde o derrube dun treito da estrada de acceso ao barrio producido tras a riada que causou o temporal supón un auténtico perigo para o tránsito dos residentes.

A acumulación de auga procedente do río da Rega, que embalsou fronte ao paseo peonil do mesmo nome e desbordou sobre el levándose unha parte da cerca que o delimita, así como a importante forza coa que descendía o caudal pola ladeira da montaña, provocou que a auga socavase os cimentos sobre os que se asentaba a estrada, que veu abaixo.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios