Dous detidos por suposta vinculación a unha plantación de cannabis

Axentes da Garda Civil de Xinzo de Limia detiveron a dúas persoas, un veciño de Celanova de 43 anos e outro de Ourense, de 32, como presuntos autores dun delito contra a saúde pública, tras achar 175 plantas de marihuana ocultas nun invernadoiro de cultivo de verduras.

Segundo fontes do Instituto Armado, as plantas de cannabis sativa, nome científico da marihuana, atopábanse ocultas entre outras plantas do invernadoiro, situado na Sierra de Vilanova, Celanova, e alcanzaban un valor no mercado de 78.900 "euros". As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Celanova, logo de proceder o martes á detención dos presuntos propietarios da plantación.

Comentarios