Dous detidos en Ceuta con moi alta determinación para actividades xihadistas

Os arrestados formaban parte dun grupo próximo á estratexia de Dáesh

A Garda Civil detivo este venres en Ceuta a dúas persoas afíns á organización xihadista Dáesh que, tras experimentar un longo proceso de radicalización, formaban parte dun grupo cohesionado que chegara a un nivel moi alto de determinación para o desenvolvemento de actividades terroristas. 

Os axentes procederon este venres ao rexistro de seis domicilios e locais dos detidos nos que esperan achar novas probas que axuden a esclarecer as posibles vinculacións dos detidos tanto en España como noutros países, informa o Ministerio do Interior. Os arrestos leváronse a cabo por supostos delitos de terrorismo ao considerarse que os detidos son plenamente afíns á a estratexia de Dáesh. 

A investigación, centrada nas contornas extremistas de Ceuta, levou ao descubrimento dun grupo de persoas que estaría nunha fase avanzada de radicalización na ideoloxía xihadista. 

A operación foi levada a cabo por axentes da Xefatura de Información da Garda Civil e do Grupo de Ceuta baixo a dirección do Xulgado Central de Instrución número 3 e a Fiscalía da Audiencia Nacional. 

Desde 2015, ano no que o Ministerio do Interior elevou a 4 o nivel de alerta antiterrorista, as Forzas e Corpos de Seguridade detiveron a 180 terroristas xihadistas.

Comentarios