Dous accidentes deixan tres feridos en Ordes e un en Mugardos

Tres persoas resultaron feridas nun accidente de tráfico ocorrido esta madrugada en Guindibó, Ordes, segundo informaron a AGN fontes do servizo de urxencias 112.

O accidente tivo lugar ao redor das 03:20 horas da madrugada. Os feridos foron trasladados de inmediato ao centro hospitalario correspondente, onde recibiron asistencia sanitaria.

Ata o lugar dos feitos desprazáronse a Garda Civil de Tráfico e o Grumir de Ordes.

En Mugardos tivo lugar outro accidente, tamén de madrugada. Un coche conducido por un mozo saíuse da vía ás 04:15 horas na DP-3504 no quilómetro 2,5. Foi o pai do mozo quen alertou ao 112, dende onde se mobilizou a urxencias médicas, Protección Civil de Mugardos e Garda Civil de Tráfico.

Aínda que nun primeiro momento parecía que habería que excarcerar ao mozo, finalmente non foi necesario levar a cabo esta manobra e procedeuse a retirar ao ferido dende a parte traseira do vehículo.

Comentarios