Dez claves para descubrir a comarca

Turistas, en la oficina de información de As Catedrais. (Foto: AMA)
photo_camera Turistas, en la oficina de información de As Catedrais. (Foto: AMA)

A Mancomunidade de Municipios da Mariña lidera un ano máis a presenza da comarca na Feira Internacional de Turismo, Fitur, que se celebra desde hoxe e ata o domingo no recinto feiral Ifema de Madrid. «Defendemos a idea de vender a comarca como un conxunto que ten un potencial enorme e que non ofrece ningún outro destino, pola circunstancia especial que lle confire a confluencia do mar e o interior», explicou onte o presidente da entidade e alcalde de Barreiros, Afonso Fuente, que se desprazará á capital acompañado dos alcaldes de Cervo, Burela, Foz e a alcaldesa de Lourenzá.

A Mariña asiste un ano máis baixo o paraugas de Turgalicia e o acto central de promoción comarcal será mañá, ás catro da tarde no salón de actos do expositor galego, coa presentación do vídeo ‘A Mariña lucense, máxica por natureza', que cunha duración de dous minutos e medio busca dar unha idea xeral do territorio mostrando os atractivos que poden atraer a diferentes tipos de turistas. «O vídeo está feito dun xeito moi visual con imaxes características da comarca como unha rapa das bestas ou os boniteiros entrando en Burela o día da festa, así como imaxes das praias ou de monumentos emblemáticos coma a catedral de Mondoñedo, San Martiño ou San Salvador de Lourenzá», asegurou Fonte, que engadiu que as imaxes van acompañadas de música e cunha montaxe que «recorda a un espectáculo de maxia».

TURISMO RURAL
Aturmar intenta captar clientes con descontos

A Asociación de Turismo Rural da Mariña, Aturmar, repite este ano a campaña promocional que xa fixo na edición pasada da cita madrileña, debido á boa acollida que rexistrou. Trátase de repartir vales con descontos de 25 euros para os establecementos hostaleiros adheridos ao colectivo. Así buscan captar clientes para as súas casas de turismo rural e turistas para a zona. 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios