Dez adegas mostran o seu labor diario aos visitantes

Raquel Arias (segunda por la derecha) participó en un viaje en barca por el Miño. EPL
photo_camera Raquel Arias (segunda por la derecha) participó en un viaje en barca por el Miño. EPL

Un total de 21 establecementos, entre eles dez adegas, oito restaurantes e tres empresas de hostalería, aliáronse este fin de semana a outros servizos turísticos como os catamaráns e outras embarcacións que percorren o Sil e o Miño para mostrar o seu traballo e o potencial da Ribeira Sacra aos clientes e lograr que os turistas se acheguen á zona durante todo o ano, non só en épocas de vacacións como o verán ou a Semana Santa.

As empresas participaron onte e seguirano facendo durante a xornada de hoxe nun programa posto en marcha pola Xunta, a través de Turgalicia, e a Ruta do Viño. Consiste en que os locais abran as súas portas e os turistas accedan a unha cata en adega, unha comida nun restaurante da zona e un paseo polos viñedos ou unha viaxe polo río a un prezo especial. A iniciativa tamén inclúe o acceso ao centro do viño de Monforte, ao museo de Arxeriz situado no Saviñao ou ao museo etnográfico de Quiroga, así como un concerto da mezzosoprano galega de ascendencia palestina Najla Shami, que tivo lugar onte nos Escolapios.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios