Día de penitencia a cuberto

Penitentes en el interior de la iglesia de San Francisco. josé mª álvez
photo_camera Penitentes en el interior de la iglesia de San Francisco. josé mª álvez

A choiva, intermitente pero intensa durante boa parte do día, ameazou a procesión da vía crucis de homes en Viveiro, que tras un intento de saír media hora máis tarde da hora prevista tivo que celebrarse no interior da igrexa de San Francisco, como ocorreu hai dous anos. Na anterior edición tamén esperaron pero finalmente lograron facer o percorrido exterior.

Organiza esta procesión a parroquia de Santiago en colaboración coa Irmandade das Sete Palabras e nela participan 16 homes levando o paso do Cristo da Agonía, obra de José Rivas do ano 1946, ao que acompañan 14 penitentes coa cruz ao lombo, todos eles detrás dunha cruz guía. Trátase dun acto moi tradicional, que se celebra desde hai moitos anos. Agora están a intentar relanzar a vía crucis masculino, que non se perden xeracións enteiras de pais, fillos e netos.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios