Detido un condutor de Vigo que se deu á fuga nun control, chocou e seguiu ata perder unha roda

Axentes da Garda Civil do Porriño arrestárono cando se incorporaba á PO-552 por pór en grave perigo a outros usuarios da vía
El coche perdió una rueda durante la fuga
photo_camera El coche perdió una rueda durante la fuga

Axentes da Garda Civil do Porriño detiveron a un veciño de Vigo de 26 anos, con antecedentes por delitos contra a seguridade viaria e co carné retirado tras perder todos os puntos, por darse á fuga nun control policial, chocar cun coche aparcado e seguir conducindo de forma temeraria ata quedar sen unha das rodas.

Tal e como informou o instituto armado, os feitos ocorreron este domingo nun control de Tráfico situado na estrada PO-325, onde o condutor dun BMW 318 deuse á fuga para evitar aos gardas.  Circulando de forma temeraria, o home chocou contra un coche aparcado na estrada do Vao, aínda que continuou a marcha ata perder o control cando se incorporaba á PO-552, onde quedou sen unha das rodas traseiras ao impactar contra un bordo.

O home, que responde as iniciais F.V.S., foi detido por condución temeraria ao pór en grave perigo a outros usuarios da vía, e as dilixencias instruídas foron remitidas ao xulgado de instrución número dous de Vigo.

Comentarios