Detidos en Samos os dous supostos autores do roubo dun apeiro

O furto produciuse nunha explotación de Castro de Rei e está valorado en 6.000 euros

Axentes da Garda Civil detiveron o pasado día 13 de maio en Samos a dúas persoas acusadas do roubo dun apeiro agrícola nunha explotación situada na comarca da Terra Chá, valorado polo seu propietario en 6.000 euros.

Segundo informou o instituto armado nun comunicado, o citado apeiro foi subtraído na demarcación do posto de Castro de Rei, polo que a Garda Civil iniciou unha investigación que culminou coa detención dos dous supostos autores do furto.

Ambos pasaron xa a disposición xudicial.

Comentarios