Detidos dous mozos cando roubaban nun turismo en Lugo

Dous mozos, un home de 18 anos de nacionalidade marroquí e unha muller menor de idade veciña de Lugo, foron detidos tras ser sorprendidos por axentes do Corpo Nacional de Policía o pasado día 5 sobre as 2.00 horas cando se atopaban á beira dun vehículo que acababan de forzar cun desaparafusador.

Segundo informou a Comisaría de Lugo, a chamada dun cidadán alertou de que unha parella de mozas atopábase merodeando os vehículos estacionados en vía pública e que momentos antes observou como un deles forzara con algún obxecto a porta dun turismo, para posteriormente acceder ao mesmo.

De xeito inmediato estableceuse o correspondente despregamento dos axentes, que lograron localizar aos mozos nas inmediacións do vehículo forzado.

Aos detidos impútaselles o roubo no interior de catro turismos que se atopaban estacionados polas proximidades das rúas Río Sil e Otero Pedrayo da cidade.

Tras ser arrestados e conducidos a dependencias policiais, onde se instruíron as correspondentes dilixencias, o mozo de nacionalidade marroquí, que conta con antecedentes policiais, tras prestar declaración pasou a disposición do xulgado de Instrución de garda na mañá deste mércores.

Comentarios