Detidos catro activistas de Greenpeace por protestar no almacén de carbón do porto da Coruña

Os arrestados e outros cinco compañeiros da ONG bloquearon as instalacións para reivindicar o abandono das enerxías "sucias" que consideran responsables do cambio climático
La pancarta desplegada por los activistas de Greenpeace en el almacén de carbón del puerto de A Coruña
photo_camera La pancarta desplegada por los activistas de Greenpeace en el almacén de carbón del puerto de A Coruña

Catro activistas de Greenpeace foron detidos este martes por desobediencia á autoridade e outros cinco foron identificados pola Garda Civil despois de que iniciasen á primeira hora da mañá unha protesta no almacén de carbón do porto coruñés, segundo informaron fontes do instituto armado. Os arrestados tiveron que ser descolgados da maquinaria do almacén coñecido como a Medusa, polo que serán trasladados aos calabozos da Comandancia de Lonzas unha vez finalice a instrución de dilixencias no porto de Oza.

Greenpeace desenvolveu desde primeira hora deste martes no porto da Coruña unha acción de protesta que consistiu en bloquear o almacén de carbón e paralizar a actividade comercial dos trens para reivindicar o abandono das enerxías "sucias" que considera responsables do cambio climático. Sobre as sete da mañá, nove activistas accederon ás instalacións da Medusa, a zona de almacenaxe de carbón da dársena herculina, en dúas lanchas neumáticas de Greenpeace.

No transcurso da protesta, catro persoas colgáronse con arneses de seguridade na maquinaria da Medusa, outra se encadeou cunha pancarta na que se pode ler 'Carbón é cambio climático' e outras dúas facían de mediadoras e acompañantes. Ademais, outros dous activistas accederon á cúpula do almacén de carbón, onde despregaron a pancarta 'Almacén de cambio climático'.

Esta iniciativa forma parte da campaña que Greenpeace iniciou o pasado 1 de setembro polo Cantábrico a bordo do barco Esperanza, baixo a lema 'Misión de Salvar o Clima', polo que espera que "o Goberno tome cartas no asunto" e Gas Natural Fenosa estableza a data de peche das súas térmicas de carbón.

Pola súa banda, fontes de Gas Natural Fenosa defenderon a súa instalación coruñesa onde almacena carbón como unha "referencia no mundo na manipulación de carbón e desde o punto de vista ambiental". Neste sentido, inciden en que as centrais de carbón son un "claro exemplo" da transformación tecnolóxica para adaptarse a estándares ambientais cada vez máis rigorosos.

As detencións producíronse esta tarde por axentes das Unidades de Seguridade Cidadá da Comandancia. 

Comentarios