domingo. 17.11.2019 |
El tiempo
domingo. 17.11.2019
El tiempo

Detido un veciño de Trasmiras como autor confeso de 13 roubos

A Garda Civil detivo a un veciño da localidade ourensá de Trasmiras --Alberto R.S., de 27 anos-- tras confesarse autor de 13 roubos cometidos nas demarcacións dos postos de Vilar de Barrio, Xinzo de Limia, Maceda e o propio municipio de Trasmiras. As dilixencias lévaas o xulgado de instrución de Xinzo e espérase que o detido pase este venres a disposición xudicial.

A Benemérita impútalle aos detido feitos ocorridos entre o mes de novembro de 2010 e xaneiro do 2011 en casas de campo, obras en construción, casetas de obra e interior de vehículos situadas en diversas parroquias da zona.

Axentes da Garda Civil de Verín procederon na mañá deste xoves arresto do home e á recuperación dos seguintes efectos: motosierras, caixas de ferramentas, lanternas e outros obxectos, cuxa contía está pendente de valoración. O material roubado foi localizado escondido entre as matogueiras dun monte próximo a Abavides, en Trasmiras.

Detido un veciño de Trasmiras como autor confeso de 13 roubos
Comentarios