Detido un veciño de Forcarei por causar un incendio cun chisqueiro

A Garda Civil de Lalín detivo no día de onte a un home de 35 anos, veciño de Forcarei, como suposto autor dun incendio forestal que, como el mesmo admitiu, prendeu cun chisqueiro, segundo informou a comandancia de Vigo.

O lume produciuse na parroquia de Millerada do municipio de Forcarei e afectou a monte baixo e arboledo. Na súa extinción participaron un axente forestal, dúas brigadas e dúas motobombas.

Unha vez extinguido, o Seprona iniciou as oportunas investigacións que deron como resultado a localización e detención do suposto autor do incendio, quen recoñeceu que iniciou o lume "cun chisqueiro".

O detido pasará a disposición do Xulgado de Instrución 2 da Estrada.

Comentarios