Detido un home por acoitelar con arma branca a unha muller en Silleda

A vítima está ferida grave e foi trasladada ao hospital de Santiago
Rúa do Progreso, en Silleda
photo_camera Rúa do Progreso, en Silleda

Un home foi detido este mércores tras agredir con arma branca a unha muller en Silleda. Entre ambos non existía ningunha relación sentimental, polo que os investigadores non o tipifican como un caso de violencia de xénero.

Segundo fontes da Garda Civil consultadas por Europa Press, os feitos ocorreron en torno ao mediodía deste mércores en Silleda, nun piso da Rúa do Progreso. A moza atópase ferida grave e o home foi detido e trasladado ás dependencias da Garda Civil en Lalín.

comentarios