Detido un sesaxenario veciño de Lugo como presunto autor dun incendio en Oímbra

A Garda Civil de Verín detivo a un veciño de Lugo como presunto autor dun delito de incendio forestal en Oímbra, mentres realizaba labores de roza, no que resultaron calcinadas unhas sete hectáreas de monte.

Segundo informou o Instituto armado, os axentes procederon este xoves ás 15:30 horas á detención de J.B.E., de 64 anos, veciño de Lugo.

A este home acúsaselle de provocar un incendio forestal cando se atopaba facendo labores de roza que afectou a 7,14 hectáreas de monte pinícola, no lugar de Bouses, Oimbra.

As dilixencias por estes feitos foron remitidas ao xulgado de Instrución 1 de Verín.

Comentarios