Detido por un roubo perpetrado hai xa dous anos en Negueira de Muñiz

Un banco de madeira subtraído foi localizado no portal da casa do agora arrestado

Un veciño de Negueira de Muñiz foi detido acusado do roubo dun banco de madeira ocorrido hai dous anos.

Segundo informou a Garda Civil este mércores, o banco foi subtraído hai dous anos, xunto con outros aveños, do interior dunha vivenda situada en Barcela, na parroquia do mesmo nome de Negueira de Muñiz. Agora, foi localizado no portal do domicilio da persoa detida.

O arrestado é un veciño de Negueira de Muñiz de 26 anos, quen foi posto a disposición xudicial como presunto autor dun delito de roubo con forza nas cousas no interior dunha vivenda.

Comentarios