Detido por roubar e ameazar cunha arma branca unha traballadora

Funcionarios da Garda Civil do Barco detiveron hoxe un veciño deste municipio ourensán, de 38 anos, acusado de roubar 250 euros á traballadora dunha oficina, á que intimidou cunha arma branca.

Segundo fontes do Instituto Armado, ás 12 horas a central tivo coñecemento dun roubo con intimidación nunha oficina municipal de augas, do Barco de Valdeorras.

Trasladados ao lugar, comprobaron que, momentos antes, unha traballadora fora intimidada por unha persoa cunha arma branca, que se apoderou de 250 ?.

Como resultado da investigación, os axentes detiveron a J.G.A, de 38 anos, veciño do Barco, como presunto autor dun delicto de roubo con intimidación.

O detido, con antecedentes por roubo e agresión, cambiouse de roupa e estaba nunha praza da localidade cando foi localizado, indicaron.

Comentarios