Detido por prender lume ao monte tras ver os incendios en televisión

A teoría de que hai delincuentes potenciais que actúan por simpatía, é dicir, cando ven nos medios de comunicación os resultados de accións criminais, cumpriuse plenamente antonte no Corgo. Un home duns 35 anos de idade foi detido pola Garda Civil logo de prender lume ao monte tras ver por televisión a cobertura que a televisión estaba a dar aos incendios que arrasaron estes días a comunidade galega.

O home, cuxa identidade non foi facilitada porque de momento non hai información oficial, estaba a tomar unha consumición nun bar, onde viu por televisión os lumes. Ao saír, de camiño a casa, decidiu iniciar tres focos de lume na cuneta. A rápida intervención dos servizos de extinción fixo que as chamas non fosen a máis.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios