O 'Potro de Vallecas' apuñala un home polas costas

A Policía Nacional detivo hoxe o exboxeador Poli Díaz, acusado de estar implicado no apuñalamento dun home na Cañada Real de Madrid.

Segundo informou a Xefatura Superior de Policía, o Potro de Vallecas foi arrestado esta mañá no citado poboado madrileño despois de que un home fose apuñalado cun desaparafusador nas costas.

Xunto a Policarpio Díaz Arévalo, de 45 anos, foron arrestados o seu irmán Ángel Luís, de 34 anos, e José P.L, de 45 anos.

O suceso ocorreu sobre as 10:15 horas na estrada que une Valdemingómez coa Cañada Real, cando unha persoa avisou de que un home tiña varias feridas nas costas ocasionadas, ao parecer, por un desaparafusador.

Tras acudir ao lugar, a policía detivo os tres supostos implicados na agresión que foron trasladados a dependencias policiais do distrito de Vallecas.

O ferido, de 37 anos, é un home de nacionalidade española que non precisou atención hospitalaria, segundo apuntaron a Efe fontes policiais.

O pasado novembro Poli Díaz tivo que ser ingresado no hospital de Vallecas tras recibir unha puñalada no peito e unha puntada nunha perna.

Segundo dixeron entón a Efe fontes policiais, o exboxeador non aclarou aos axentes quen o apuñalou nin os motivos do suceso.

Dous meses logo deste incidente, o excampión de Europa decidiu volver poñer as luvas de boxeo, aínda que non para regresar aos cuadriláteros senón para ensinar este deporte entre mozos.

Comentarios