Detido na Coruña o presunto autor de media ducia de roubos polo método do tirón

Os delitos tiveron lugar entre os meses de maio e agosto, nos que foron sustraidos bolsos e cadeas de ouro

Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron, o pasado 23 de agosto, a un home na Coruña como presunto autor de seis roubos con violencia, mediante o procedemento do tirón, e un roubo con forza no interior dun vehículo.

O primeiro dos feitos produciuse o 17 de maio nunha parada de autobús da avenida da Pasaxe, cando o presunto responsable abordou a unha muller que se atopaba na mesma e apoderouse do seu bolso.

O segundo roubo rexistrouse o día 21 de maio, na avenida da Pasaxe. Nesta ocasión, o home tirou ao chan a unha muller que se atopaba camiñando pola mesma, agarrando o seu bolso e forcexando con ela ata que conseguiu arrebatarllo. A muller sufriu, ademais, lesións derivadas do encontrón.

Ata o mes de xullo non se produciu o seguinte roubo, aos que seguirían outros en agosto. En dous destes casos, o home escolleu a mulleres como vítimas, aínda que se apropiou das cadeas de ouro que levaban no pescozo, tamén mediante o método do tirón.

Comentarios