Detida por ameazar cunha arma branca a un empregado dun bar de Ourense

Funcionarios do Corpo da Policía Nacional detiveron esta madrugada en Ourense a unha persoa como presunta autora dun delito de ameazas por esgrimir unha arma branca a un empregado dun bar da capital ourensá.

Segundo informou a Comisaría Provincial, os feitos ocorreron sobre a unha da madrugada, cando testemuñas informaron de que un cliente estaba a ameazar cunha arma branca a un empregado.

Desprazados ata o lugar, os axentes constataron a través de testemuñas presenciais que momentos antes, un cliente do establecemento tras establecer conversación cun dos empregados sacou unha navalla e ameazou "de forma reiterada con causarlle lesións coa devandita arma".

Ante estes feitos, os efectivos procederon á detención desta persoa como presunto autor dun delito de ameazas e ao seu posterior traslado á comisaría para continuar as dilixencias oportunas.

O detido, que pasou a disposición xudicial esta mañá, é un home de 27 anos de idade, veciño de Ourense, ao que lle constan un total de seis detencións anteriores por diversos feitos.

Comentarios