Detida a parella acusada de puñalar un home tras unha discusión motivada por un accidente de tráfico

Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron a parella que, supostamente, apuñalou un home duns corenta anos de idade en Lugo, na zona norte da cidade, no transcurso dunha discusión que comezou porque o vehículo no que viaxaban os supostos autores da agresión non se parou no paso de peóns.

Os feitos ocorreron o pasado 10 de xaneiro, na rúa Manuel María, preto da Praza de Viana do Castelo, e desde aquel día a parella, un home de 40 anos e unha muller de 29, ambos de etnia xitana e veciños de Lugo, achábanse en busca e captura, como supostos autores dun delito de homicidio en grao de tentativa.
 
Aínda que os encargados do caso sospeitaron nun primeiro momento que a parella se deu á fuga, finalmente foron detidos na mesma cidade de Lugo e esta mañá foron postos a disposición da autoridade xudicial.
 
A agresión produciuse no transcurso dunha discusión que comezou porque o vehículo no que viaxaban os supostos autores da agresión non se parou no paso de peóns. Segundo a investigación desenvolvida polos axentes encargados do caso, a muller puido suxeitar á vítima mentres o home apuñalábaa.
 
Cando os axentes de policía chegaron ao lugar da agresión, atopáronse a un home con feridas que "sangraban abundantemente", supostamente provocadas por unha navalla, na cabeza e no costado, así como diversos cortes nos dedos da man esquerda.
 
Aínda que a vítima foi evacuada de urxencia ao Hospital Universitario Lucus Augusti con prognóstico reservado, as súas feridas necesitaron puntos de sutura, pero finalmente non revestían gravidade, polo que recibiu a alta médica ás poucas horas. 

Comentarios