Despedido o compositor de 'Los Simpsons' tras 27 anos de traballo

O produtor da serie bota a Alf Clausen, gañador de dous premios Emmy, para buscar "un tipo diferente de música"
Alf Clausen, histórico compositor musical de 'Los Simpsons'
photo_camera Alf Clausen, histórico compositor musical de 'Los Simpsons'

Los Simpsons despediu ao compositor da súa banda sonora, Alf Clausen, que traballou na popular serie de animación de Fox durante 27 anos, informou o medio especializado Variety.

Clausen asegurou que recibira unha chamada do produtor da serie Richard Sakai informándolle do seu despedimento porque estaban a buscar "un tipo diferente de música".

Clausen foi o encargado de pór música ás aventuras da aloucada familia amarela desde a tempada 1990-91, aínda que a famosa canción do inicio de cada capítulo é obra de Danny Elfman, o prestixioso compositor de bandas sonoras de filmes como The Nightmare Before Christmas (1993) ou Big Fish (2003).

Gañador de dous premios Emmy pola súa música, Clausen acumula ao longo da súa traxectoria 30 nomeamentos nestes premios que son os máis importantes da industria televisiva.

Los Simpsons estreará o 1 de outubro a súa tempada número 29 e está confirmada xa a súa tempada número 30, coa que alcanzará polo menos os 669 capítulos e superará os 635 de Gunsmoke  (1955-1975), unha serie sobre o Salvaxe Oeste que ata agora ostentaba a marca de episodios para un show de ficción na televisión estadounidense.

Comentarios