Descenso significativo das temperaturas este xoves en Galicia

Durante a mañá os ceos estarán cubertos, con orballos na metade norte

O xoves chega a Galicia unha masa de aire frío e húmido que vai facer que teñamos un aumento de nubes e un descenso significativo das temperaturas. Así, durante a mañá os ceos estarán cubertos, con orballos na metade norte.

Á tarde iranse abrindo grandes claros no sur, e no resto os ceos quedarán parcialmente cubertos, con chuvascos no norte da provincia de Lugo. As temperaturas sufrirán un moderado descenso. O vento soprará de compoñente norte, frouxo en xeral, moderado no litoral norte.

Meteogalicia

Comentarios