Desaparecida en Trasmiras unha muller de 76 anos que padece alzheimer

Un amplo dispositivo de procura, conformado por efectivos de Garda Civil, Protección Civil, cans e un helicóptero, trata de localizar unha muller de 76 anos que desapareceu en Trasmiras e que non volveron ver.

O suceso ocorreu ás 7:00 horas, cando esta septuaxenaria, Esperanza Fernández, enferma de alzheimer, marchou a pé do pobo de Rebordondo, Trasmiras, pola estrada nacional.

"Un veciño a viu saír ás sete da mañá cara á estrada nacional, despois outros a viron no alto das Estivadas e de alí, baixar cara a Xinzo de Limia, ao pobo de Pardieiros onde se lle tería perdido finalmente a pista", explicou a Efe o alcalde da localidade de Cualedro, Luciano Rivero, quen está a participar nos labores de procura.

Segundo explicou o rexedor, nun primeiro momento pensouse que esta anciá ía coller o autobús, feito que non se produciu. Ao non volvela ver pasadas as 12:00 horas, alertaron as autoridades que estableceron o dispositivo. Actualmente, a procura céntrase nas zonas próximas a Pardieiros e Abavides, onde se cre que ''se puido despistar". Polo momento, os veciños optaron por colocar carteis polos diferentes pobos da zona a fin de que, se alguén a localiza, poida avisar da súa situación.

A septuaxenaria no momento da súa desaparición levaba unha chaqueta marrón, bolso negro e lentes escuras, detallou o rexedor da citada localidade, quen deu a coñecer a desaparición a través de carteis e das redes sociais.

Comentarios