''Do 4 ao 6 de outubro viaxaremos a Aveiro, O Porto e Coimbra''

Marina Abad preside a asociación de mulleres rurais de Barreiros, que organiza a primeira viaxe do outono

A asociación de mulleres rurais inicia agora en setembro o seu calendario anual de viaxes, ¿cal será o primeiro destino elixido?

Irémonos a Portugal, durante tres días, do 4 ao 6 de outubro. Visitaremos Aveiro, á que denominan a Venecia portuguesa pola súa canle con góndolas, e tamén Coimbra, Figueira da Foz e O Porto.

¿Que día partirán e onde se hospedarán?

O venres, día 4 de outubro, sairemos nun autobús, ás seis da mañá, desde a Praza do Concello de Barreiros e dirixirémonos a Aveiro, onde nos imos a hospedar os tres días, en réxime de pensión completa. O primeiro día visitaremos esta localidade e a de Coimbra; ao día seguinte, a zona costeira de Figueira da Foz e o último, dedicarémolo a coñecer O Porto e as súas adegas, cun guía local.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios