A defensa de Oubel modifica o seu informe final e mostra conformidade co fiscal

O avogado que defende ao parricida de Moraña modificou o seu informe final e trasladou a súa conformidade cos feitos relatados polo Ministerio Fiscal, quen mantén que en xullo de 2015 o pai fixo inxerir fármacos ás súas dúas fillas de 4 e 9 anos de idade, antes de asasinalas cunha serra eléctrica e un coitelo.

Na súa intervención, o letrado modificou as súas conclusións e mostrou a súa conformidade cos feitos relatados, "ao manifestalo así no acto de xuízo oral David Oubel, de xeito libre", e despois de que pedise perdón e trasladase que se arrepinte dos feitos".

Pola súa banda, o fiscal ratificouse no seu informe final e confirmou a súa petición da pena de prisión permanente revisable; o que tamén foi secundado pola acusación particular, que aínda que modificou o seu informe para quitar a acusación de "ensañamento", solicita a mesma condena.

comentarios