De Barreiros á Zarzuela

Dúas alumnas do colexio público de San Miguel de Reinante, Andrea Piñeiro de 11 anos e Noa Otero, de 12, foron seleccionadas xunto a outros 30 estudantes galegos no certame estatal ‘Que é un rei para ti'. O xurado valorou as súas descricións sobre o monarca e a Familia Real en senllos traballos que presentaron. O próximo día 13, en Santiago, desvelarase que alumno representará a Galicia no concurso e será recibido polo propio Don Juan Carlos ou xa por Felipe VIN na Zarzuela. A de Barreiros é unha das cinco escolas de toda a provincia que participan este ano na proba e pode presumir de que en 2009, o estudante Bachir Salma Mohamed, foi elixido para coñecer en persoa á súa Maxestade o Rei.

"Elaborou unha especie de roda imitando ao concurso de Pasapalabra con preguntas sobre a monarquía e sobre o propio rei Don Juan Carlos", recordaba onte a profesora de Primaria do centro barreirense Leopoldina Álvarez: "O monarca departiu cos nenos durante case dúas horas e a Bachir díxolle que nunca vira ese programa televisivo pero que lle facía graza a súa idea".

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios