David Civera nega que lle faltara ao respecto á orquestra Superfama

Publica un texto na súa conta de Facebook no que responde as acusacións recibidas tras o seu concerto en Nigrán
David Civera, durante la actuación que ofreció este miércoles en Combarro
photo_camera David Civera, durante la actuación que ofreció este miércoles en Combarro

O concerto que David Civera deu o pasado 19 de agosto en Nigrán, derivou nunha forte polémica.

O cantante foi acusado de desagradecido por non mencionar en ningún momento á orquestra Superfama, quen lle proporcionou o material para a actuación, polo que respondeu cunha mensaxe na súa conta de Facebook.

ACUSACIÓN. O problema veu tras as primeiras palabras de Civera sobre o escenario, onde anunciou que a empresa responsable da organización incumprira o acordo pactado e que aínda así el decidira continuar coa actuación por respecto ás numerosas persoas que se deron cita na localidade coruñesa.

Con todo, e como denunciou un xornal coruñés, o artista turolense menosprezou a Superfama ao non agradecer a súa achega e queixarse amargamente da súa falta de recursos.

Foi Patricia Bazarra, unha das cantantes da orquestra, quen informou da presunta falta de respecto de Civera na súa conta de Facebook, e da que se fixeron eco algúns medios.

RESPOSTA. Precisamente mediante Facebook chegou a contestación do cantante. Nun texto publicado este mesmo xoves, David Civera anuncia "accións legais" contra o xornal que mencionou a situación por "falsear á verdade".

Ademais engadiu que non deixará que "difamen e manchen a miña carreira e o meu nome", aclarando que a súa queixa na previa do concerto ía contra o incumprimento do contrato asinado, e non contra a "orquestra que me acompañaba en Nigrán".


Comentarios