Darío Xohán Cabana, premio de tradución da AELG

Darío Xohán Cabana. AEP
photo_camera Darío Xohán Cabana. AEP

O centro Ágora da Coruña acolleu onte a Gala das Letras, da Asociación de Escritores en Lingua Galega, e na que o autor de Cospeito Darío Xohán Cabana acadou o premio de tradución polo seu traballo ‘Cancioneiro, seguido das rimas dispersas’, de Petrarca (Edicións da Curuxa). Asimesmo, os colectivos culturais Valle Inclán de Lugo e Francisco Lanza de Ribadeo recibiron un galardón en recoñecemento ao seu labor.

Con respecto ao resto das categorías -un total de oito, e ás que estaban nominados cinco autores lucenses- o premio de narrativa foi parar ás mans de Begoña Caamaño por ‘Morgana en Esmelle’ (Xerais).

O galardon de poesía otorgouse ex aequo ás obras ‘Boca da cobra’, de Francisco Salinas Portugal (Biblos), e ‘Os ángulos da brasa’, de Manuel Álvarez Torneiro (Factoría K de libros).

O texto ‘Banqueiros, de VV.AA.’, de Francisco Pillado como coordinador, foi o gañador na sección de teatro.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios