''Daremos tapas de callos gratis os domingos''

Alberto García (Foto: AMA)
photo_camera Alberto García (Foto: AMA)

Alberto García, presidente do Casino de Viveiro, que pon en marcha novas actividades en febreiro

¿Que novas actividades teñen preparadas?

Estamos a perfilar o programa para as próximas semanas e temos algunhas cousas, sobre todo de cara a febreiro. Empezaremos a facer os domingos polas mañás callos para os socios, a ver se veñen tomar un viño e regalámoslles a tapa de callos.

¿E para Entroido?

Haberá varias actividades. O Casino participa todos os anos cunha carroza e estamos a traballar no disfrace, que é secreto. Tamén temos pensado facer un taller de costura de disfraces para que a xente poida confeccionalos. Ademais haberá baile para nenos e maiores, e intentaremos facer unha festa inspirada nos 80 para que a xente vaia disfrazada ao Casino.

¿Intentarán captar máis socios?

Si, temos que renovar a campaña porque a do ano pasado non funcionou como queriamos. Cústanos un triunfo facer un socio e en contraprestación perdémolos, dáse de baixa xente maior e é difícil que a xente nova colla o compromiso de ser socio. Unha das nosas apostas é a pista de pádel, pero aínda estamos en negociacións con Portos.

Comentarios