Dados de alta dous dos hospitalizados pola lexionela

Dúas das cinco persoas que permanecían internadas no Hospital Universitario Lucus Augusti (Hula) polo brote de lexionela rexistrado en senllos xeriátricos de Lugo e Guntín recibiron a alta, segundo o parte médico facilitado este mércores pola Consellería de Sanidade.

Os dous pacientes que recibiron a alta proceden da residencia pública das Gándaras, en Lugo. Segue hospitalizado un terceiro residente deste centro da terceira idade, que evoluciona favorablemente.

Tamén evolucionan favorablemente os dous pacientes afectados que procedían da residencia privada San Salvador, de Guntín.

En total, neste brote, nas Gándaras detectáronse oito casos positivos e en Guntín, cinco.

Comentarios