Coidando o seu antigo cole

Antiguos alumnos de Samos, en el claustro de la abadía. (Foto: Porto)
photo_camera Antiguos alumnos de Samos, en el claustro de la abadía. (Foto: Porto)

Exalumnos do colexio do mosteiro de Samos, que pechou as súas portas fai unhas catro décadas, celebran cada tres anos un encontro para reunirse cos seus antigos profesores e compañeiros. Aínda que este ano quixeron ir máis aló e facer algo máis pola abadía na que viviron varios anos, polo que organizaron unhas xornadas de traballo para colaborar no seu mantemento.

Nos dous últimos días antigos alumnos traballaron no cenobio «para expresar aos monxes que o noso compromiso e afecto con eles, co mosteiro e con Samos vai moito máis alá dos encontros que organizamos cada tres anos». «Moitos dos monxes son maiores e así colaboramos con eles. Mantemos a ilusión de que o mosteiro, que é importante na nosa vida, perviva e a comunidade sente moi feliz de que antigos alumnos vingan a colaborar», sinalou Ricardo Martínez.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios