Catro vehículos implicados nun accidente con xabarís na N-634 no Pino

O sinistro ocorreu a última hora do domingo e non houbo que lamentar danos persoais

Un condutor chamou este domingo sobre as 21:30 horas ao 112 para indicar que acababa de atropelar a varios xabarís e que, aínda que non había que lamentar danos persoais, catro turismos víronse implicados.

O accidente ocorreu á altura do punto quilométrico 697 da N-634, no concello coruñés do Pino. O domingo foron vistos tres xabarís no centro do limítrofe concello de Santiago.

comentarios