domingo. 05.12.2021 |
El tiempo
domingo. 05.12.2021
El tiempo

Tres membros dunha familia de Noia, entre as vítimas do brutal choque no corredor a Brión

Catro persoas faleceron nun accidente de tráfico rexistrado esta tarde no municipio de Rois, segundo informan fontes da Xunta.

O sinistro tivo lugar por colisión frontal de dous vehículos no corredor Noia-Brión, no carril en dirección a Santiago de Compostela, nas proximidades do desvío 19.

Os tres ocupantes dun dos coches, o home A.H.R., de 46 anos, e as mulleres M.B.B. e R.B.B., de 41 e 38 anos, faleceron no lugar do accidente, mentres que o condutor do segundo vehículo, que viaxaba só, foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), aínda que faleceu no centro, agregaron as fontes.

As tres primeiras vítimas, que falecieron no mesmo lugar do accidente, son membros dunha mesma familia: dúas irmás e o marido dunha delas. Os tres son veciños de Noia, coñecidos por estar vinculados a negocios da zona.

Ao lugar desprazáronse efectivos do 061, Garda Civil de Tráfico e equipos de excarceración dos grupos de urxencias supramunicipais (GES) de Padrón e Brión, así como bombeiros de Boiro.

Ao lugar desprazáronse efectivos do 061, Garda Civil de Tráfico e equipos de excarceración dos grupos de urxencias supramunicipais (GES) de Padrón e Brión, así como bombeiros de Boiro.


As grúas retiran os restos dos vehículos do lugar do sinistro (EFE/Óscar Corral)

Tres membros dunha familia de Noia, entre as vítimas do brutal...
comentarios